XAN PERILLAN E A MALETA MÁXICA NA BPM DE SANTA COMBA
O venres 10 de agosto na BPM de Santa Comba o publico infantil e o público familiar gozaron da mistura de contacontos, trucos e maxia co espectáculo dos Monicreques de Kukas.
Os participantes sairon cun peculiar helicóptero de papel, agasallo do protagonista da función.
A maioría dos asistentes valoraron como excelente tanto o contido da actividade coma o profesional que a relizou. As sonrisas dos nenos foron o mellor indicador de que gozaron coa función o máximo.