Cristina Collazo na biblioteca municipal de Lalín
O pasado 11 de agosto a biblioteca municipal “Varela Jácome” de Lalín, dentro do programa “Ler conta moito”, contou coa actuación de Cristina Collazo, quen fixo rir a maiores e pequenas/os a través das súas historias e dos seus xogos. Un espectáculo moi especial que rematou cunha ensinanza fundamental: nós mesmos e mesmas somos o máis marabilloso do mundo.









