A biblioteca secreta visita Arzúa
A Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Arzúa recibiu o venres 27 de xullo a Marisa Irimia, que nos descubriu a emocionante historia d’A biblioteca secreta.
Narración oral para pequenos/as e non tanto que nos achega a dureza da guerra de Siria, mais tamén a esperanza das boas accións. En Darayya, persoas voluntarias recollen 14.000 libros de casas danadas polos bombardeos. Así conseguen crear unha biblioteca secreta, unha bilbioteca que garda miles de historias e aventuras.
Séguenos