“Avós” na Biblioteca Pública de Silleda
O pasado día 7 de setembro na biblioteca de Silleda asistimos ó contacontos da compañía Trinketrinke “Avós”.
Resultou moi entrañable e melancólico polo que supón o ciclo da vida.
O público axiña conectou co conto, no que se puxo de manifesto a importancia dos avós na vida dos nenos. Unha complicidade íntima e profunda.