O Rock and Roll de Pakolas
Aires de Rock soplaron no Valadouro, concretamente Contos, Cores e Rock and Roll un espectáculo co marchoso Pakolas facendo a voz e guitarra eléctrica. Veu acompañado da ilustradora Laura Romero virtuosa e áxil aos pinceis que era capaz de debuxar os personaxes que cantaba o seu compañeiro no tempo breve dunha canción. Pakolas cantou con ritmo vibrante e pegadizo as historias de moitos personaxes que habitan nas páxinas do seu libro. O furafollas pequeno animaliño que vive no bosque ao pé das árbores, A simpática e brava Quenlla que surca o mar, Baldomero o mero que busca un tesouro no fondo do mar e pesca no faro, o pato perseguido por un chef inglés que quería convertilo en pato á naranxa,, a canción Ri, salta como un mono na selva tropical…outras Campeón internacional que acompañou dun raro instrumento chamado theremin. Pakolas fixo de todo, non só cantou, tamén demostrou ser un inmellorable imitador de animais ou ser capaz de facer un solo de batería cos sons da propia boca.
Os nenos, aplaudiron, fixeron coros, bailaron no patio de butacas e non querían marchar…un verdadeiro éxito de crítica é público no Salón de Actos da Casa da Cultura de Valadouro.