OBRAMAXIA 3.0 NA BIBLIOTECA CENTRAL DE CAMBRE


O mércores 26 de setembro tivemos unha tarde máxica na Biblioteca Central de Cambre. Visitounos o Mago Pedro Bugarín que ademais de realizarnos xogos de maxia, ensinounos algúns trucos moi sorprendentes…
Trucos sinxelos a partir de obxectos cotiás como gomas elásticas ou palillos, xogos de mans… que despois os nenos e nenas poden compartir con outros neos e nenas.
Pedro Bugarín comeza demostrándonos as súas extraordinarias habilidades con algún truco realmente sorprendente que demostra gran profesionalidade.
Cartas asinadas polo público e que logo se trasladan e saen moi dobradiñas da súa boca…ou outras ben escondidas e baralladas aparecen cando o Mago quere…Cordas que despois de cortalas aparecen enteiras,.. Follas de libreta que só se lle cortan a el e ninguén dos asistentes é quen de rompelas, como se forna de plástico…
Actividade moi recomendable para pasalo ben no momento e despois, e para visibilizar e dinamizar os libros de maxia da biblioteca.




