CANTACONTOS PARA BEBÉS con Pablo Díaz na Biblioteca Central Rialeda de Perillo (Oleiros)
Da man de Pablo Díaz tivemos na Biblioteca Rialeda unha sesión de Cantacontos para os nenos e nenas máis pequenos. Empregando diversos instrumentos (guitarra, frautas…) desenvolveu un feixe de contos e historias que engaiolou a todos os asistentes. Un conxunto de música e textos moi ben traballado durante máis de media hora, ofrecendo divertimento e boas sensacións que fixeron desta sesión unha experiencia moi grata.