“As parábolas de Pakolas” na biblio de Xermade
Tivemos na biblioteca de Xermade a Pakolas cun marabilloso espectáculo, onde todos poidemos desfrutar do Rock and roll. Os nenos e nenas poideron bailar, cantar e coñecer instrumentos e obxectos musicais pouco familiares para os máis novos, como o theremín, a guitarra eléctrica…
E ademais Pakolas mostrounos os libros-cd, que leva publicado ata agora na colección Sonárbore da Ed. Galaxia: “Pakolas”, “A gramola Gominola”… Neses libros-cd atopamos “cancións para rockear, para soñar, para non parar de mover o esqueleto e tamén sobre todo, para aprender”.





