Semana da biblioteca na Baña con Monstruosas emocións!

O pasado venres 19 de outubro puidemos gozar en familia dun contacontos – taller de intelixencia emocional a través do conto O monstro de cores de Anna Llenas.

As familias con nenos e nenas de 0 a 3 e de 4 a 8 anos traballaron as emocións como a alegría, a tristeza ou o medo a través de xogos combinados con dinámicas de participación grupal.

Primeiro visitamos a axencia de lectura municipal e despois divertímonos da man de Donde viven los cuentos.




