Harry Potter: maxia ou ciencia? Na Biblioteca de Moeche

O día 24 de Outubro, “Día da Biblioteca”, os alumnos de segundo e terceiro ciclo do C.E.I.P. de San Ramón de Moeche, xunto cos seus Mestres, acudiron á chamada da Biblioteca Pública Municipal e alí, asombrados, comprobaron por sí mesmos como a maxia que aparece en películas e espectáculos non é tal, senon puras propiedades da materia e a enerxía.
A ciencia como explicación a fenómenos misterios capturou a atención de rapaces e adultos que saíron encantados e un pouco máis sabios.





