Dentro das actividades desenvoltas polo Concello de Marín en torno ao Día das bibliotecas, o salón de actos da Biblioteca Municipal de Marín acolleu a actividade “A ciencia de Harry Potter”, desenvolta polo grupo Ceo aberto. Esta iniciativa estivo enfocada a un público infantil e xuvenil, e tiña por obxectivo consolidar aos lectores desas idades, para que continúen lendo.