B.P.M. ” VIDAL PAZOS” de MARÍN “O Secreto da Biblioteca”

Celebrouse o Día do libro infantil e xuvenil na Biblioteca “Vidal Pazos” de Marín.

Celebrouse o Día do libro infantil e xuvenil na Biblioteca “Vidal Pazos” de Marín.





A actividade realizouse para celebrar o día 27 de marzo, Día do Teatro.
A participación dos nenos, nenas, e pais foi moi satisfatoria.







O Mago Paco coa sua maxia, contos e xogos, conseguiu unha proposta fantástica que dinamizó o espazo lector e aseguró un espectáculo divertido, implicando a os nenos nun mundo de maxia, contos e ilusión, sempre acompañado do factor sorpresa que fixo as delicias de todos os presentes.





Tivemos unha xornada moi divertida grazas á maxia impartida polo grupo teatral LaGriotte, que conseguiron unha alta participación e involucración na actividade por parte dos nenos.
Grazas á imaginacion os obxetos cobran vida; e entre todo isto Manuel Curros Enriquez aparece para contar a súa historia, a forza das palabras e o poder da poesia.





O Día do libro infantil e xuxenil celebramos con todos os nenos , pais e nais unha xornada divertida con un contacontos: Pipo o paxaro que non sabía voar,representado polo Teatro Trémola.
Crea a túa propia máscara teatral e da vida ao teu personaxe.O sábado 29 de marzo celebramos o día internacional do teatro.
A participación dos nenos asistentes, foi moi estimulante para o seu desarrollo cognitivo e emocional,xa que interactuaron con outros seres podendo adquirir máis confianza en si mesmos.
.





Tiveches unha vida de novela? Os participantes aprenderon técnicas de narrativa .
Foi dirixido a persoas interesadas en descubrir, preservar e divulgar a historia persoal e/ou familiar.
O actual ritmo de vida e o desapego das xeracións máis novas fai que se perdan os lazos familiares, condenando ás xeracións anteriores o esquecemento. Escribe a túa historia e déixalles o teu legado.
Os recordos familiares son un valioso patrimonio que é preciso conservar e transmitir. O obradoiro pretendeu dotar aos participantes das ferramentas básicas para traballar e difundir este legado, dándolles a coñecer as ferramentas básicas da creación literaria .







Espectáculo con cancións, teatro, monicreques,….
Manoliño é un neno ó que lle gustan as aventuras, un día descobre no faiado da súa casa un baúl cun mapa do tesouro dun pirata, decide ir buscalo á mañá seguinte.
Descubrirá que o seu maior tesouro son os seus libros e a sua imaxinación.






Para celebrar o Día do Libro Infantil e Xuvenil contamos cunha aventura chea de libros, contos, maxia e personaxes fantásticos.Entramos no mundo máxico dos contos coas sorpresas dunha maleta máxica e da man dos seres fantásticos que nela habitan.


A actividade está dirixida a persoas interesadas en descubrir, preservar e divulgar a historia persoal e/ou familiar,
deixando as xeracións máis novas o seu legado, para que non se perdan os lazos familiares, evitando o
esquecemento das suas historias personais.



Séguenos