CANTACONTOS PARA BEBÉS

O 18 de xullo achegouse á Escola Infantil do Pereiro de Aguiar, Pablo Díaz, quen coa súa voz e distintos instrumentos como a guitarra ou a frauta, amosoulle aos nosos nenos e nenas unha divertida maneira de “cantar” os seus contos favoritos. Sen dúbida foi unha sesión divertida e relaxante da que os máis pequenos gozaron moito.





