O neno que quería ser mago na Biblioteca de Caldas de Reis
O luns 15 de xullo o mago Javier Muro trouxo ata a biblioteca municipal de Caldas de Reis o seu espectáculo O neno que quería ser mago, un conto de animación onde o teatro e a maxia fixeron que un grupo de nenos e nenas empezaran a semana cunha chea de sorrisos.