Charo Pita na Biblioteca de Caldas de Reis
O pasado venres visitou a biblioteca Charo Pita cunha actividade para os máis pequenos “Porco porquiño, ensíname o camiño”.
Rimas, cantos e contos encheron a biblioteca de sorrisos e festa.
O pasado venres visitou a biblioteca Charo Pita cunha actividade para os máis pequenos “Porco porquiño, ensíname o camiño”.
Rimas, cantos e contos encheron a biblioteca de sorrisos e festa.
O venres 2 de xuño visitounos o Mago Paco co seu espectáculo “Unha maxia diferente” onde a través de distintas historias e xogos traballáronse as diferencias como un punto de unión no que vernos reflexados.
O pasado venres 19 de maio visitou a biblioteca municipal a compañía Trémola Teatro. Un grupo de nenos e nenas acompañados dos seus pais gozaron coa actividade de contacontos “A gran aventura dos animais”. Acompañamos a Emilia nunha viaxe diferente e divertida con música e baile. Unha tarde movida na biblioteca!
Rematadas as clases iniciamos as vacacións cunha actividade onde se mesturan os contos tradicionais con pequenas dramatizacións. O público asistente, grandes e pequenos, pasárono en grande con esta achega á nosa tradición oral dun xeito tan lúdico como atractivo que nos presentou Nerea Brey.
O pasado venres 17 de xuño tivo lugar na biblioteca pública municipal de Caldas de Reis e da man de Olga Abad unha actividade para nenos entre os seis meses e tres anos, “A biblioteca que viaxaba no tempo”.
Para algúns pequenos era a primeira vez que entraban na biblioteca e seguro que para todos foi unha tarde moi divertida!
O venres 10 de xuño a Biblioteca pública municipal “P. M. Martínez Ferro” estivo chea de familias que viñeron á actividade de contos e maxia do Mago Paco. Como é habitual cando nos visita houbo moita participación da rapazada que non quixo perderse esta fantástica proposta que lles fixemos desde a biblioteca municipal e onde a diversión estaba asegurada.
A Biblioteca Pública Municipal de Caldas de Reis “P. M. Martínez Ferro” organizou o pasado venres 4 de outubro a actividade “Contando números, cantando cores” a cargo de Pablo Díaz. O músico coruñés moi coñecido pola xente miuda grazas aos seus traballos discográficos e colaboracións fíxonos reflexionar e por suposto pasalo moi ben cos seus contos e cantos.
Un grupo de nenos e nenas pasárono en grande con Inacio Vilariño de Fantoches Baj. Contos e cancións para enfrontarnos a todo tipo de medos e situacións perigosas.
O luns 15 de xullo o mago Javier Muro trouxo ata a biblioteca municipal de Caldas de Reis o seu espectáculo O neno que quería ser mago, un conto de animación onde o teatro e a maxia fixeron que un grupo de nenos e nenas empezaran a semana cunha chea de sorrisos.
A tarde do venres 15 de xuño foi especial. A biblioteca encheuse de nenos e nenas entre os seis meses e os tres anos para gozar coa sesión de contos teatralizada de Trinketrinke Teatro. Vanessa trouxo un feixe de contos e unha sorpresa, un enorme ovo do que naceu un pito moi especial.
Séguenos