A Casa das Letras visitou O Pino
As nenas e nenos do Pino o 10 de xullo descubriron que fan as letras na súa casa mentres agardan a que alguén as convide a algún conto. Petaron na porta e o “A” recibiulles con apertas e agarimos para todas e todos. Espertaron ao E, lavaron os dentes coa D, comeron coa C, xogaron coa I, ducháronse coa U e empezaron a ler un libro coa L. Cando estaba rematando a historia escoitaron a chamada para participar nun novo conto e todas as letras marcharon correndo para formar parte desa nova historia. E para botar unha man nese novo conto as rapazas e rapaces de O Pino fixeron os seus propios bonecos das letras.