Se as árbores falaran
O día 23 de xullo, tivo lugar a actividade: “Se as árbores falaran”, contemplada dentro do catálogo do Programa Ler Conta Moito, na Biblioteca de Riós por parte da Compañia: Charlatana Cooperativa.
A actividade fíxose ó aire libre e foi moi divertida e cívica, pois tratábase de que os/as asistentes descubrisen o importante que é valorar o medio ambiente e o planeta onde habitamos.
Igualmente se lles trasladou a necesidade de ler e de contarlle a todos o aprendido nesta actividade






