Os Contos de Pablísimo na ALM de Carnota
Que en Carnota somos superfans de Pablísimo non é novidade ningunha. Confirmadísimo!
O pasado mércores gozamos a máis non poder cos seus Contos con ovos, un conxunto de historias breves vertebradas arredor dos ovos e do que sae deles. Unha contada dinámica e orixinal, enriquecida cunha coidada escolla de materiais e coa mestría do narrador que, novamente, fascinou a xente miúda, e a menos miúda tamén, dende o minuto cero.
Será posible que sempre nos deixe con gana de máis? Pois si… é posible!