A aventura de Daniela Pirata


Hoxe tivemos na Casa da Cultura a sesión de contacontos protagonizada pola afouta Daniela Pirata. Aventuras para seguir traballando coa rapazada a prol da igualdade que chegaron a San Sadurniño da man do programa Ler Conta Moito da Consellería de Cultura, ademais de ser unha acción de concienciación acollida ás medidas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.




