A maxia de Harry Potter invade a Biblioteca de Santa Cruz en Oleiros.
David Ballesteros, de “Ceo aberto”, deleitounos cun espectáculo científico para explicar os elementos “máxicos” empregados polo personaxe literario de Harry Potter. Pelos voadores, produción de raios, traspaso de electricidade entre os corpos, foron algúns dos experimentos que se realizaron nos que os protagonistas foron, en todo momento, os propios rapaces e rapazas.
Unha experiencia, non só educativa, senón tamén divertidísma como cando algúns dos rapaces que saíron voluntarios non eran capaces de articular as palabras no momento en que o monitor lles poñía uns auriculares especiais orixinando as gargalladas de todos e todas as asistentes.
Unha maneira moi científica para achegarnos ao mundo máxico do admiradísimo Harry Potter !!







