Robótica educativa na Biblioteca de Santa Cruz (Oleiros)
Actividade que nun principio estaba programada para 15 asistentes con duración de dúas horas e que, debido a grande demanda houbo que dividila en dúas sesións de unha hora cada unha, dándolle cobertura a un total de 30 asistentes. Este feito non supuxo a pérdida de calidade da actividade. Cada un dos grupos saliu totalmente emocionado coas construcións realizadas. Os monitores apoiaban as súas explicacións con proxeccións que os nenos e nenas ían seguindo coas tablets proporcionadas que despois servirían de mando para dirixir as máquinas.
Contaban con todo o necesario para a elaboración dos robots que se basearon sobre todo en pezas lego e baterías.
Empezaron construindo un caracol ao que lle deron luz e son e, sobre este, elaboraron un ventilador ao que lle proporcionaron movemento.
Resultou ser toda un lección de inxeniería básica e tecnoloxía. Unha defensa das máquinas que teñan como finalidade mellorar a nosa saúde e facernos a vida máis confortable.
Séguenos