A ovella Engracia visita a Biblioteca de Santa Cruz (Oleiros)
O mércores, 9 de outubro, o grupo Aldaolado conseguiu que os rapaces e rapazas que acudiron á biblioteca a ver o seu espectáculo pasasen do silencio máis absoluto a grandes explosións de risas. A ovella Engracia e a súa compañeira de rabaño estaban durmidiñas cando entrou o público na sala. Fíxoo en silencio para non espertalas. Unha vez que estiveron todos e todas dentro, as ovelliñas foron espabilándose e empezou o show!!!
Engracia é unha ovelliña moi curiosa que quere saber o que pasa coa lúa cando se pon. Para descubrilo, terá que traspasar varios inconvenientes debido á súa condición feminina. Dunha ovella só se espera que estea xunto ao seu rabaño pastando no prado durante o día e ao resguardo durante á noite. O can que as cuida do lobo, sí que pode andar ceibe todo o día e vivindo aventuras. Así que, Engracia terá que romper moldes e pexuizos para cumprir o seu soño. Un espectáculo con moi boa posta en escena, no que a música foi a encargada de dar o efecto lúdico á xornada.
Séguenos