Contos para cagar patatillas na Biblioteca de Santa Cruz-Oleiros
Brais das Hortas relatou varias historias de medo, que se ían entrelazando mediante os obxectos que sacaba dunha gran maleta que pertencera a súa avoa. Cada vez que extraía unha tenebrosa antigalla (un saco, unha vasoira…), narraba un conto e cantaba unha canción. Bruxas, a santa compaña e moito humor fixeron desfrutar ao público






