“O ratiño presumido“con Trinketrinke teatro na B.P.M. “El Viejo Pancho” de Ribadeo

Este martes 24 de setembro visitaron de novo a Biblioteca uns amigos moi queridos polas nenas e nenos de Ribadeo, os ratos de Lonxedetodo coa súa artista máis internacional, a gran Lilí Gruyére, e o seu amigo, o rato Fuco.
Lilí acaba de recibir un gran encargo profesional, a dirección do musical “A ratiña presumida” pero ela decide facer unha versión un pouco diferente que por suposto vai gustar moito a todo o mundo.
Na Biblioteca os agardaba o alumnado de 2º de Educación Primaria do CEIP Gregorio Sanz





