Obradoiro de ilustración na biblioteca de Covelo. “Rachando gaiolas”
O mércores 2 dentro do programa de Ler Conta Moito en Igualdade, visitou a biblioteca o ilustrador Xosé Tomás, explicándolles os rapaces de 5º e 6º do colexio de Covelo as diferentes técnicas para a realización das viñetas e debuxos dos libros e contos. Actividade moi interesante e participativa para todos os nenos e nenas.





