“O mundo da dobraxe”
En San Sadurniño tivo lugar un obradoiro de dobraxe, e os nenos e nenas quedaron moi contentos/as co resultado final

Dentro do programa Ler conta moito.
Dúas sesións dirixidas a nenos e nenas de 5º e 6º de primaria o dia 4 de outubro en horario de mañá
“O Mundo da Dobraxe” é un obradoiro lúdico educativo, que nos achega, dun xeito ameno e participativo, este fascinante mundo. Mediante unha dramatización moi visual, móstranselles todos os pasos da elaboración dunha película; desde a creacion do guión ata a dobraxe da mesma que por suposto @s propi@s nen@s realizan.





