Estrafalaria, de Xarope Tulú, na Biblioteca Pública Municipal de Noia (Ler Conta Moito igualdade)
É sabido por todos que cando un aprende desfrutando, aprende mellor. Pois ben, isto lles pasou ós cativos asistentes á actividade Estrafalaria o pasado venres na Biblioteca Municipal de Noia que, da man da contacontos Atenea, aprenderon a que o que dita a sociedade non sempre é o mellor para nós, e que, ser distintos ós demáis, non é nada malo senón máis ben ó contrario. As rarezas fannos especiais e temos que aprender a valorar o seu lado positivo. Un contacontos áxil e moi participativo cos cativos.





