A árbore calada e a súa cativadora sensibilidade
“A árbore calada” constitúe unha fermosa fábula sobre a importancia do coidado dos nosos bosques, que emprega como fío condutor da historia os seres mitolóxicos galegos que habitan estes espazos. Esta proposta ten un forte impacto visual no público pois a posta en escea é un espectaculo en todos os sentidos. A narración combinada de música, teatro de sombras e escultura cativa as/os espectadoras/as coa súa sensibilidade. Xa como colofón permite ás/ós pequenas/os participar mediante unha performance do coidado do medio ambiente e expresar a súa creatividade mediante a modelaxe en barro e o traballo con outros elementos naturais.







