CONTANDO NÚMEROS, CANTANDO CORES
Pablo Díaz visitounos en Burela para presentarnos o seu espectáculo “Contando Números, Cantando Cores”.
Nesta andaina percatouse o importante que para as nenas e nenos é tratar e reflexionar sobre a igualdade de oportunidades entre nenos e nenas, maiores o pequenos, equidade, e sobre todo respecto ás persoas que desde o principio das nosas vidas, debemos valorar.
Para conseguir este obxectivo, Pablo utilizou os contos , algún conto con música e para rematar, un pequeno concerto dos seus temas máis populares.
Unha sesión divertida e amena para gozar coa música e os contos de PABLO DÍAZ.