Be water! Na Biblioteca Rego da Balsa
Vicente Mohedano presentounos un espectáculo cheo de experimentos e vídeos moi interesantes sobre a función da auga na Terra e no espazo, este pasado xoves 17 de outubro, ás 18:00 h na Biblioteca Rego da Balsa.
Aínda que os asistentes foron poucos, debido a factores externos á actuación, as familias participantes quedaron moi satisfeitas coa actividade.
Un show moi recomendado para todas as institucións que queiran promover o coñecemento da ciencia dun xeito divertido e dinámico para a rapazada.