Na biblioteca de Sanxenxo vivimos “A aventura de Daniela Pirata”
“Donde viven los cuentos” estivo en Sanxenxo o pasado xovese 17 de outubro cunha aventura sobre a igualdade de xénero en todas as profesións da vida a través da “Aventura de Daniela Pirata”.
Todos os nenos e nenas puxeron o seu graíño de area para axudarlle a Daniela a superar as 7 probas para converterse nunha auténtica pirata que surca todos os mares de fantasía. As nosas especiais piratas fixeron unha pócima máxica coa axuda dos participantes que contribuíron a engadir os mocos de bruxa, pis de sapo e … uff! A saber que máis!! Estiveron fantásticas!!