Contos con Fátima Fernández

O mércores 23 de outubro estivo na BPM de Sober a contadora Fátima Fernández. Os integrantes do CL Pintor de Castinande escoitaron as historias narradas por Fátima ; historias das viaxes dos nosos mariñeiros ; historias de mulleres dos pobos galegos , criadoras de galiñas moi especiais. Con gran simpatía e profesionalidade a narradora conquistou aos asistentes á reunión semanal do CL.




