ELAS PINTAN MOITO EN BOQUEIXÓN
A cativada de Boqueixón pasou en grande, na sala anexa á biblioteca municipal de Boqueixón, coa actividade teatral de Migallas e a súa obra “Elas pintan moito”.
A través das obras de pintoras tan famosas como Xulia Minguillón, Frida Khalo, Sonia Delaunay,…abordaron a temática da igualdade en moitos ámbitos da vida cotiá.