“Príncipas e Princesos” Ler Conta Moito – Igualdade
Faise saber que tódol@s presentes nesta axencia de lectura de Corvillón (Cambados) somos iguaaaaiiiiiiis!!
Contacontos moi entretido. As risas dos/as cativos/as e das súas nais e pais puidéronse oír no reino do lado. Ademáis, todo acompañado cunha serie de instrumentos pouco tradicionais e que os participantes tiveron a oportunidade de coñecer e tocar; grazas a Pablo Sánchez de “Os contos de Pablísimo”.






