MAXIA EN PORTAS
Na mañá do luns 10 de agosto na Biblioteca Municipal de Portas, puidemos gozar dunha gran actuación de maxia, grazas ao Mago Pedro Bugarín coa súa actuación ” NOVO MAXIA PARA TODXS”.
Nenos/as e maiores desfrutaron dunha gran actuación de maxia familiar, onde a intriga, o suspense, a maxia e o humor foron os ingredientes dunha gran xornada.





