“ROSA E AZUL” NA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE PORTAS
“Rosa e Azul”, un espectáculo de narración oral de Pérez&Fernández, chega a Portas cunha serie de contos teatralizados, que celebra a diversidade e que racha cos estereotipos de xénero.
A través da manipulación de xoguetes e monicreques artesáns, contáronlle aos cativos de Portas tanto historias reais como contos de ficción que xiran en torno ao respecto, ao amor, á tolerancia e á diversidade.
Séguenos