A BIBLIOTECA IDEAL” CHEGA A PORTAS
O venres, 19 de agosto, , Gustavo do grupo “Os naúfragos teatro” visitou a biblioteca Pública Municipal de Portas ca actividade “A Biblioteca Ideal” (dentro do programa “Ler conta moito” da Xunta de Galicia).
Durante a actividade os nenos e nenas escolleron os seus libros favoritos, recomendáronllo aos seus compañeiros/as e aprenderon o funcionamento da biblioteca. A continuación Gustavo contoulles un conto dun león na biblioteca que lles encantou para despois entre todos e todas elaborar un libro moi especial: “ A nosa Biblioteca ideal”.
Cada un dos cativos debuxou a súa biblioteca ideal, deseñando un precioso libro que elaboraron entre todos. Dende o venres ese libro forma parte da Biblioteca de Portas e está colocado nos andeis de infantil a disposición de tódalas persoas que o queiran ver.
Unha actividade moi divertida e creativa!!