Brancaflor na Biblioteca de Ribeira
“A historia de Brancaflor” é o espectáculo de monicreques e contos que Fran Rei que ofreceu o sábado, 29 de agosto, ás 12.00 h na Porta do Sol de Ribeira.
Esta montaxe achéganos á lenda popular de Brancaflor, a filla do Demo, a partir da versión que Xosé Ramón Mariño Ferro recolleu na súa escolma Contos marabillosos. Unha trama chea de probas máxicas, encantamentos, romances e maleficios. Unha fermosa historia de amor entre Brancaflor e Xan, á que se opón o malvado pai da rapaza.
Fran Rei aprendeunos o mellor da liberdade e da bondade facendo fronte ao Demo…. Que ben o pasamos!
Ler conta moito.






