En Ribeira espantamos o medo.
“Espantamedos” de Inacio Vilariño. Fantoches Baj.
Contacontos para toda a familia o 5 de agosto, sábado, ás 20.30 h na pista deportiva do porto de Palmeira.
O medo, que ás veces nos fai sentir ben mal…, tamén nos protexe de multitude de perigos e situacións que poden resultar prexudiciais, e é por iso que desde sempre os medos tiveron nome e imaxe. En Espantamedos propoñemos un conxunto de contos e cancións para enfrontarse a eses medos patrimoniais que dun xeito ou doutro viven na sociedade galega dos nosos días.
E así foi como Inacio Vilariño co seu “Espantamedos” estivo con nós en Palmeira. Ao solpor escoitamos as súas historias para quitarnos o medo do corpo.
Ler conta moito.






