“Paxariños” na Biblioteca de Neda
Hoxe comezamos a tempada de Ler conta moito con “Paxariños” de Trinketrinke Teatro. Contacontos para bebés fundamentado nunha posta en escea moi visual, un conto sinxelo e sonoro que lembra cantareiras infantís.
Foi unha sesión moi divertida e gustou tanto a maiores coma a pequenos.