Os contos da leiteira de OQO en Valga
Hoxe, en Valga, Raquel deu voz a historias de mulleres intrépidas e tímidas, loitadoras e soñadoras pero tamén da propia condición feminina representada ás veces por animais que viven esas circunstancias. Veunos contar contos de heroínas, galiñas valentes, leóns amorosos ou galos fachendosos que nos fixeron gozar e concienciarnos para que a igualdade sexa unha realidade.





