ROBÓTICA NA BIBLIOTECA DE CAMARIÑAS
A actividade espertou moito interese entre os rapaces e non decepcionou. A pesar de ter unha duración de 90 minutos fíxose curto. Os participantes contruiron cadanseu robot , unha EPI e presenciaron o funcionamento dunha impresora 3D. O grao de satisfacción foi elevado e excelente o traballo dos monitores.