“As parábolas de Pakolas” na Biblioteca M. Xabier P. Docampo da Barcala (Cambre)
O pasado venres estivo Pakolas na Biblioteca M. Xabier P. Docampo para actuar ante un grupo de fieis seguidores e fans desta estrela do rock que engatusa ao público máis esixente. A ritmo de rock foi, pois, que describimos unha parábola que nos levou con Ramona Órbita a viaxar no tempo sen deixar de bailar, sen deixar demover o esqueleto…






