Se os contos puidesen contar… na Biblioteca de Narón
O sábado 10 de outubro recibimos á contacontos Fátima Fernández na Biblioteca pública municipal de Narón. Veu representar para os nenos e nenas o seu espectáculo Se os contos puidesen contar, unha sesión na que reinterpreta os textos dos contos a partir das súas ilustracións.





