AS PITAS BAIXO A CHOIVA DE RICARDO CARVALHO CALERO EN PORTAS.
Onte, luns 19 de outubro, a Biblioteca Pública de Portas recibiu a Sheila para contar a historia de “As pitas baixo a choiva” de Ricardo Carvalho Calero, ademais de completar a actividade cun obradoiro creativo onde cada neno e nena puideron elaborar o seu propio conto a través de distintos collages de papel, orixinais e únicos. Unha actividade moi interesante e que acadou moito éxito entre os máis cativos.










