“NOVOS LOBOS ” chega á Biblioteca de Portas
Este venres, 16 de xullo, a actividade “Novos lobos” chegou a Portas, un espectáculo de narración oral e monicreques no que transmite aos cativos/as algúns contos da literatura popular pero adaptados para transmitir valores-. O espazo no que sucede a acción é un pequeno refuxio da montaña no que un pastor está coidando das súas ovellas (o público).Os nenos/as de Portas pasaron unha xornada moi divertida onde cantaron, divertíronse e sobre todo aprenderon valores de amistade, empatía, compañerismo, igualdade…








