Filipa cos contos no Pereiro de Aguiar
O mércores 18 de agosto as nenas e nenos do Pereiro quedaron abraiados cos contos de Fran Campos que non acudiu á cita só, senón que veu acompañado da súa guitarra e da súa inseparable Filipa.
Houbo contos para toda a familia con historias de aquí e acolá, historias tradicionais, historias cantadas… que fixeron desta unha xornada “filipante”.