EXTRA! de Paco Nogueiras, na Biblioteca de Verín
O pasado venres 13 de Agosto disfrutamos con EXTRA! de Paco Nogueiras.

Unha gran actividade cun público entregado.

O pasado venres 13 de Agosto disfrutamos con EXTRA! de Paco Nogueiras.

Unha gran actividade cun público entregado.

Espectáculo infantil de clown que aborda a cultura e a música tradicional a través dos seus instrumentos.
Nesta aventura Nelson Quinteiro convértese no Señor Patajullo, unha divertida personaxe que chámase así porque fai moito barullo.
O obxectivo do espectáculo comeza coa teima de axudar ao seu amigo Pepe, un lindo porquiño, a atopar o instrumento que mellor vaia coa súa personalidade, estilo e tamaño.
Levouse a cabo esta actividade o dia 14 de Agosto na capitalidade do Concello de Lobios.

Actividade que se levou a cabo o dia 10 de Agosto no parque infantil ás 20.00 horas.

Un conto musical pretende ser un obradoiro dinámico onde ofrecer a posibilidade de explorar a música con todos os sentidos, utilizando como fío condutor os contos, os xogos, as danzas, as producións sonoras e verbais, etc.
Esta actividade trata de acercar os conceptos básicos da música aos participantes mediante a narrativa e as propostas lúdicas.
Actuación do espectáculo de MAGÍN BLANCO O QUE LEVAMOS NA MALETA, das maletas do músico irán xurdindo obxectos (titereres, bonceos, ferramentas, instrumentos de percusión…), que introducirán cada peza e invitarán os nenos e nenas a participar.

Na tarde do venres recibimos a visita de Brais das Hortas na nosa biblio.
Contounos e cantounos “Contos para caghar patatillas”. Unha actuación de meeeeeedooooo!
Encantounos!
Despois buscamos na biblio historias de medo agochadas nos libros.
Combatimos o calor á sombra dos libros.


Este venres 13 de agosto, estivo no campamento de verán de Vilasantar, Eduvia Xestión Cultura e Lecer, coa súa actuación Bibliocanta, onde os nenos cantaron e bailaron, recordando a cancioneiro tradicional galego.
HOXE DIA 13, AS 11 DA MAÑA A PRAZA DA BILIOTECA PUBLICA ENCHEURSE DE NEN@S E DE MAXIA. O MAGO TETO CONTOUNOS A HISTORIA E A EVOLUCIÓN DA MAXIA MEDIANTE TRUCOS E MOIT@S SORPRESAS. FOI UNHA MAÑA MAXICA

O MAGO TETO NO CARBALLIÑO

Con Carmen Domech, onte na praza do Mesón, vivimos aventuras con 3 bandidos, co home do saco, cunha cociñeira trampulleira…mesmo atravesamos un ceminterio e pasamolo de medo!!!


Casiña de chiculate

Abra Cadabra
Enmarcado no ciclo de actividades de Ler Conta Moito, onte tivemos na Axencia Municipal de Lectura de San Pedro de Muro (Porto do Son), un obradoiro de robotica educativa que contaba cos kits de Lego Robotics. Con eles nenos e maiores desfrutaron de unha entretida e creativa tarde.

Achegámonos á historia do cinema da man de Anxo Moure coa súa cinecleta:

Aprendemos moito con bandas sonoras de películas moi coñecidas do cine universal, con mímica e cancións adiviñamos personaxes coñecidísimos como Charles Chaplin ou Mary Poppins.

Viaxamos a través do cine mudo despois de coñecer a reacción das persoas que viron a primeira proxección cinematográfica que levaron o susto das súas vidas!

Tamén soubemos do cine mudo, e dos grandísimos irmáns Marx.

O máis importante é que tamén coñecemos parte da nosa historia local a través dos cines que había na vila. Incluso puidemos ver un deles por dentro, no que aínda se conserva un proxector de carburo.


Vimos proxeccións na parede, no teito, nos libros e tamén en persoas.

Foi moi divertido!
Poden atoparse no catálogo da Rede de Bibliotecas de Galicia en moitas bibliotecas libros sobre o cinema [consulta aquí os libros que hai na nosa biblioteca] e múltiples películas de distintos xéneros e épocas.


Séguenos