Ler conta moito na Biblioteca de Paderne

Na mañá do 31 de agosto na Biblioteca Municipal de Paderne, os nenos e nenas do concello con idades comprendidas entre 3 e 6 anos foron partícipes dunha entretida actuación dos “Contos do avó “. Acompañado dunha vella maleta chea de aventuras o avó mais velliño de todos, relatou infinidade de historias de tempos atrás e lendas da nosa terra. Sen dúbida un momento de lecer para os alí presentes.




