Obradoiro “Stop Motion” na Biblioteca Pública Municipal do Grove
Este martes 31 de agosto, na Biblioteca Pública Municipal do Grove, tivemos un obradoiro no que o analóxico e o tecnolóxico se fusionan para dar paso a un produto único. Nada máis e nada menos que unha animación creada polos propios participantes! O resultado foi xenial e esperamos que voltedes de novo, as participantes quedaron encantadas!